A Consellería de
Educación convoca axudas para realizar actividades de formación ,en
lingua inglesa ,do alumnado de distintos niveis.Sustentados con
fondos públicos en Galicia.
Requisitos:
a) Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2015/16, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2014/15.
c) Ter acadado no curso 2014/15 na área ou materia de lingua inglesa, unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de ESO e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de ESO e de bacharelato.
d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
As solicitudes poden descargarse de https://sede.xunta.es/
O prazo para presentar solicitudes estrará aberto ata o 28 de abril de 2016.