Bryan Coello Álvarez
Cristian Pérez Lago
Iván Lomba Rodríguez
Inés Fernandez González
Iñigo Villa Oliveira
Que é o carné xove?
É unha tarxeta
persoal que conten descontos e vantaxes das entidades colaboradoras das
comunidades autónomas españolas. Poden facelo as mozas e mozos entre 12 e 30
anos e a vixencia é de dous anos.
Como facelo?
Cubrir un impreso
de solicitude, acreditando a túa identidade co DNI ou pasaporte e pagar 6€
mediante o impreso das taxas.
Onde facelo?
O carné xove pódese
facer en:
·
Servizos
de Xuventude dos Departamentos Territoriais da Consellería de Política Social.
·
Oficinas
Locais de Pontevedra e Ferrol
·
Centro
Coordinador de Información e Documentación Xuvenil.
Onde utilizalo?
Finalidade e vantaxes
O seu obxectivo é
facilitar aos mozos e mozas de 12 a 30 anos o acceso a diferentes bens e
servizos a través de descontos ou vantaxes.
Ademáis, entre as
prestacións do Carné Xove destacan os servizos finaceiros e as garantías no
estranxeiro, a través das cales a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e
Voluntariado pretende fomentar o desenvolvemento, a mobilidade e a mellora de
condicións de vida cotiá dos mozos e mozas galegos.


No hay comentarios:
Publicar un comentario